Publicado o 29/01/2021
A partir deste venres 29 de xaneiro e ata novo aviso, o Centro de Interpretación de Caldoval permanecerá pechado debido ás novas medidas específicas adoptadas pola consellería de sanidade de Galicia para paliar a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19. Esperamos que esta situación poda solventarse nun breve prazo. Estaremos agardando. O CIC permanecerá temporalmente pechado