Artigos Recentes

Publicado o 12/12/2020

O Nadal chega a Caldoval

O tempo de Nadal chega ó Centro de Interpretación de Caldoval, este ano marcado por un estrito protocolo de seguridade e hixiene fronte á Covid-19.

Estes días Caldoval amplía o seu horario de apertura para todas as persoas que queiran visitarnos e participar nas nosas actividades. O Centro de Interpretación estará aberto o 29 e 30 de decembro de 2020, así como o 5 de xaneiro de 2021 e só pechará nos principais días destas festas, como son o 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro.

Coa intención de celebrar estas datas natalicias, desde o Centro de Interpretación propoñemos un obradoiro especial baseado na fabricación de figuras de Nadal, aproveitando a festividade romana das “Saturnalia”, adicada ó deus Saturno.

Este obradoiro estará dirixido tanto a nenxs como a familias e os seus asistentes poderán elaborar a súa propia figura de inspiración romana.

A actividade terá lugar no Centro de Interpretación o sábado 19 e o domingo 20 de decembro ás 17:00h. Este ano, por mor da situación sanitaria as prazas son especialmente reducidas, polo que será preciso facer inscrición previa no teléfono 687 072 116 (en horario de apertura do centro) ou a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal