Publicado o 22/02/2025
MASCARADA ROMANA É tempo de entroido, e o Centro de Interpretación de Caldoval ofrece un obradoiro especial chamado Mascarada Romana, no cal as persoas participantes poderán deseñar e decorar as súas propias máscaras de teatro romanas, ao tempo que coñecen o mundo do espectáculo romano do teatro, as partes do edificio do teatro ou cáles eran as obras favoritas do público que asistía a este evento. Todo para achegarnos un pouco máis á cultura romana. O vindeiro domingo 2 de marzo, en horario de mañá ás 11:30 h e de tarde ás 17:30 h, terá lugar esta actividade, de arredor dunha hora de duración, dirixida tanto a público familiar con nenos e nenas coma adulto. As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través das nosas redes sociais (@centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram), correo do centro info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16, en horario de apertura do museo. Obradoiro de entroido