Artigos Recentes

Publicado o 12/07/2024

OBRADOIRO ESPECIAL DE VERÁN: ARTISTAS DO GRAFFITI

Continuamos a programación especial de verán no Centro de Interpretación de Caldoval coa segunda das actividades especiais: o obradoiro Artistas do Graffiti. 

Na Antiga Roma xa había quen deixaba a súa marca persoal nas paredes dos edificios. Cortonos de mans, nomes propios, debuxos de loitas de gradiadores e ata mensaxes políticas. Neste obradoiro para público familiar encheremos as paredes do museo cunha estupenda composición de pinturas murais baseadas nas dos nosos devanceiros.

A sesión levarase a cabo no centro o sábado día 20 de xullo con dúas quendas dispoñibles: en horario de mañá ás 11.30h. e en horario de tarde ás 17:30 h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: horario escollido, número de participantes, nome e teléfono da persoa de contacto. O prazo de inscrición comeza mañá, sábado 13 de xullo, ás 10:30 h. Prazas limitadas.