Artigos Recentes

Publicado o 23/08/2022

OBRADOIRO ESPECIAL: DESENTERRANDO O PASADO

O mes de agosto chega ao seu fin, e con él, a programación de actividades especias para este verán de 2022. O Obradoiro familiar especial de arqueoloxía que se estreaba por primeira vez o pasado ano será o encargado de rematar a etapa.

Seguindo as instrucións dos escritos antigos, as distintas familias participantes terán que somerxerse baixo terra para atopar o tesouro que foi agochado pola dona da Vila de Caldoval fai moitos anos. Conta a lenda que aquelas persoas que o atopen gozarán dunha inesgotable boa fortuna.

A actividade é completamente de balde e levarase a cabo no centro o sábado día 27 de agosto en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.