Artigos Recentes

Publicado o 30/04/2022

OBRADOIRO ESPECIAL DÍA DA NAI: TABLIÑAS DE CERA

Con motivo da celebración do día Día da Nai, o domingo día 1 ofertaremos un novo obradoiro especial que consistirá na creación dun agasallo personalizado baseado nos formatos de escritura romanos. Cada participante fabricará a súa propia tabliña de cera para, posteriormente, poder gravar no seu interior unha mensaxe adicada especialmente á súa nai.

O obradoiro levarase a cabo no centro o mesmo día 1 en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.