Artigos Recentes

Publicado o 05/05/2023

OBRADOIRO ESPECIAL DÍA DA NAI

Este domingo día 7 de maio, con motivo da celebración do Día da Nai, o Centro de Interpretación de Caldoval levará a cabo un obradoiro familiar especial para elaborar o agasallo perfecto para esa persoa especial.

A actividade comezará ás 11:30h no propio centro e consistirá na creación dun marcapáxinas personalizado para colocar no libro escollan da nosa colección de doazóns como agasallo. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, nome e teléfono da persoa de contacto.