Artigos Recentes

Publicado o 12/03/2022

OBRADOIRO ESPECIAL DÍA DO PAI: PAPIROS DE HERCULANO

Con motivo da celebración do Día do Pai, o sábado día 19 o Centro de Interpretación de Caldoval oferta un novo obradoiro especial que consistirá na creación dun agasallo personalizado baseado na escritura da antigüidade. Cada participante disporá da súa folla de papiro e será libre de decorala coa mensaxe especial que considere ata chegar ao seu resultado final. Palabras especiais para unha persoa aínda máis especial.

O obradoiro levarase a cabo no centro o mesmo día 19 en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos:

  • Número de adultos e de nenxs participantes
  • Horario escollido
  • Nome e teléfono da persoa de contacto