Artigos Recentes

Publicado o 16/03/2023

OBRADOIRO ESPECIAL DÍA DO PAI: XÚPITER, PAI DOS DEUSES

Con motivo da celebración do Día do Pai, o domingo día 19 o Centro de Interpretación de Caldoval oferta un novo obradoiro especial que consistirá na creación dun agasallo personalizado baseado na figura mitolóxica do deus Xúpiter, o coñecido pai de todos os deuses. Cada participante debuxará o retrato do seu pai caracterizado como un auténtico deus romano para, despois, enmarcalo creando o seu orixinal e colorido marco.

O obradoiro levarase a cabo no centro o mesmo día 19 en horario de mañá ás 11.30h, e de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, horario escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.