Artigos Recentes

Publicado o 10/03/2025

OBRADOIRO ESPECIAL DÍA DO PAI

ACTIVIDADE ESPECIAL POLO DÍA DO PAI EN CALDOVAL.
O vindeiro domingo 16 de marzo, o Centro de Interpretación de Caldoval ofrece unha actividade especial para celebrar o día do pai titulada “Retrato Imperial”. Será un obradoiro no que realizaremos un medallón conmemorativo dedicado ao noso pai, co seu retrato inspirado no mesmísimo emperador, coma o emperador Adriano da moeda ques e atopou nas excavacións do xacemento arqueolóxico de Mugardos.
Haberá dúas quendas, de mañá ás 11:30 h., e de tarde ás 17:30 h., sendo a duración aproximada da actividade de 45 minutos. Recomendamos traer unha fotografía do voso pai para retratalo con maior realismo ou que pose el mesmo coma modelo da nosa obra.
As persoas interesadas en participar deberán reservar praza escribindo ao noso correo electrónico info@museocaldoval.gal ou contactando telefónicamente (en horario de apertura do centro) ao 687072116, e tamén nas nosas redes sociais de Facebook e Instagram (@museocaldoval).