Artigos Recentes

Publicado o 03/02/2024

OBRADOIRO ESPECIAL DO ENTROIDO EN CALDOVAL

Como cada ano e con motivo da chegada das festas do Entroido, o Centro de Interpretación de Caldoval oferta para o seu público a realización dun obradoiro especial para este mes de febreiro.

Todo bo disfrace de gladiador/a ten un elemento que nunca pode faltar se pretende converterse no vencedor/a na area: un casco! As persoas participantes elaborarán con cartón o seu casco imperial para decoralo ao gusto do seu portador e lucilo nas súas lendarias batallas.

A data de realización da actividade terá lugar o sábado 10 de febreiro, con posibilidade de asistencia baixo previa reserva en horario de mañá ás 11:30h e de tarde ás 17:30h. Para formalizar as reservas e obter máis información poñédevos en contacto co centro enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou chamando ao número de teléfono 687 072 116, en horario de apertura do museo.