Artigos Recentes

Publicado o 25/01/2026

OBRADOIRO ESPECIAL PARA PECHAR XANEIRO

O sábado 31 de xaneiro, aproveitando o inicio de ano que acabamos de vivir, faremos un obradoiro titulado O tempo na Antiga Roma. Nel coñeceremos cómo organizaban os días fai 2000 anos, falaremos do calendario xuliano e elaboraremos un reloxo en arxila. Haberá ademais un sorteo dun exemplar do noso calendario romano deseñado no Centro de Interpretación de Caldoval entre as persoas participantes. Será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h. dunha duración aproximada dunha hora.

É unha actividade pensada tanto para público adulto como para familias con crianzas a partir de 8 anos.

As prazas para esta actividade gratuita son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través do correo do centro info@museocaldoval.gal , no teléfono 687 07 21 16 (en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.) así como nas nosas redes sociais: @centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram.

Cartel do obradoiro O Tempo na Antiga Roma