Artigos Recentes

Publicado o 03/08/2022

OBRADOIRO ESPECIAL: ROMANXS Á PALESTRA

A programación especial de actividades e obradoiros de verán para o mes de agosto comeza este sábado día 6 co obradoiro Romanxs á palestra!. Nesta ocasión as familias participantes poderán deseñar e fabricar o súa propia figura romana practicando algún dos deportes máis tradicionais da antigüidade clásica. O obxectivo é coñecer a utilidade da palestra, a variedade de xogos da época e as roupaxes que debían levar durante o exercicio físico para crear o perfecto boneco deportista.

O obradoiro levarase a cabo en horario de mañá, ás 11:30h, e en horario de tarde ás 17:30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) para formalizar a súa reserva facilitando os seguintes datos: número total de asistentes, horario escollido e nome e teléfono da persoa de contacto.