Artigos Recentes

Publicado o 09/04/2022

OBRADOIRO ESPECIAL SEMANA SANTA: A COLUMNA DE TRAXANO

Para festexar a Semana Santa ofertamos a realización dun obradoiro especial que consistirá na creación dunha pequena maqueta dun dos monumentos máis recoñecibles da antigüidade: a Columna de Traxano. Falamos dunha obra cuxo interese didáctico vai máis aló da parte arquitectónica, xa que dende o pedestal ata o capitel pasando polo fuste, atópase chea de historias e segredos que farán deste, un obradoiro do máis entretido e especial.

A actividade levarase a cabo no centro entre o xoves 14 e o domingo 17 de abril en horario de mañá ás 11.30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de adultos e nenxs participantes, día escollido, nome e teléfono da persoa de contacto.