Artigos Recentes

Publicado o 22/07/2022

OBRADOIRO ESPECIAL: VESUBIO ENFURECIDO

Para rematar coa programación de obradoiros e actividades especiais deste mes de xullo chega “Vesubio enfurecido”, un obradoiro familiar no que as persoas participantes terán que fabricar, a base de plastilina, unha pequena réplica do monte máis famoso da antigüidade en plena erupción. Ademais, aproveitarase a ocasión para compartir coñecementos sobre a historia que arrodea esta catástrofe: as causas da explosión, as cidades sepultadas, a sorte sos seus habitantes, as consecuencias históricas, e moito máis.

Esta actividade levarase a cabo o sábado día 30 de xullo en horario de mañá, ás 11:30h, e de tarde, ás 17:30h. Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán escribir un correo (info@museocaldoval.gal) ou chamar por teléfono en horario de apertura do centro (697 072 116) facilitando información sobre o número de asistentes, o horario escollido e un teléfono de contacto.