Artigos Recentes

Publicado o 25/07/2025

PROGRAMACIÓN DO MES DE AGOSTO 2025 EN CALDOVAL

PROGRAMACIÓN DE AGOSTO 2025 EN CALDOVAL

Continúa un verán cheo de actividades culturais no Centro de Interpretación de Caldoval, Mugardos, e presentamos a programación de obradoiros e actividades especiais para o mes de agosto.

A primeira das citas será o sábado 2 de agosto coa VIII Noite de Estrelas, unha xornada na que contemplar o ceo de verán como o farían os nosos devanceiros de época romana guiados polo arqueoastrónomo Antón Bouzas. É unha actividade para todos os públicos, incluidas crianzas a partir de 6 anos, que comezará ás 22:30 h., para a que é necesaria reserva previa. Recoméndase traer roupa de abrigo e toalla ou manta para tumbarse no campo.

O día seguinte, domingo 3 de agosto, en quenda de mañá ás 11.30 e de tarde ás 17:30 h., temos cita coa ourivería romana no obradoiro de elaboración dunha “Fíbula” romana, un complemento que antecede ao imperdible co que suxeitaban as teas e ademáis adornaba a vestimenta. Para todas as persoas dende 8 anos previa reserva.

A terceira actividade será o Día na Palestra, o sábado 9 de agosto, ás 11:30 ou 17:30 h., onde pasaremos un rato divertido practicando os diferentes deportes clásicos e xogos da nosa moderna palestra exterior tras coñecer os restos arqueolóxicos da palestra romana do século I. Está pensada para todos os públicos (dende os 6 anos).

Pecharase a programación do mes o sábado 30, tamén en dúas quendas: ás 11:30 e ás 17:30 h., cun obradoiro titulado “Ungüentarium” de creación dun perfume como os da Antiga Roma, nesta ocasión basado nas fragancias de verán. É unha actividade de novo para todos os públicos dende 8 anos, de asistencia gratuita previa inscripción.

Continúan a maiores as visitas guiadas e os obradoiros habituais, sendo todas as actividades gratuitas. As reservas serán no teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura, e no correo electrónico info@museocaldoval.gal.