Publicado o 29/06/2025
Durante o mes de xullo continuamos co horario de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00, os luns son os días de peche do museo. As visitas guiadas estarán dispoñibles con previa reserva os sábados e domingos na quenda de mañá ás 10:30 e 12:30, e na de tarde ás 16:30 e 18:30, tamén en fin de semana con reserva están os obradoiros regulares, ás 11:30 e 17:30. Por outra banda, sen ter que avisar están dispoñibles o Xogo de Pistas repartido no edificio do museo e xogar na nosa palestra exterior. A maiores ofrecemos tres actividades especiais durante este mes, que son: Estas actividades, obradoiros e visitas son de balde, só hai que contactar con nós ben no correo info@museocaldoval.gal ou ben no noso teléfono móbil, 687072116, no horario de apertura, dando información de contacto, un correo ou teléfono, o nome e, por último, as idades dos participantes (en caso de que veñan menores). PROGRAMACIÓN DO MES DE XULLO EN CALDOVAL

