Artigos Recentes

Publicado o 01/04/2025

Programación mes de abril

Comeza o mes de abril e con el chegan novas actividades a Caldoval. Aquí presentamos a programación tanto para visitantes máis pequenxs e maiores.

Seguimos co horario regular de venres a domingo de mañá de 10:30 a 14:00 e tarde de 16:30 a 20:00 h. A maiores, abrimos os días 15, 16 e 17 pola Semana Santa no horario de mañá e tarde. Podedes reservar unha visita guiada ás 10:30, 12:30, 16:30 e 18:30 h.

Tamén en Semana Santa teremos dúas xornadas con actividades especiais:

  • “Moedas da ceca de Mugardos” o venres 18 ás 11:30 e ás 17:30 h. Actividade enmarcada na celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, para coñecer o patrimonio romano dunha forma diferente.
  • “Tintinabullum” o sábado 19 ás 11:30 e ás 17:30 h. Un obradoiro especial no que coñeceremos estos interesantes obxectos que actuaban como campaniñas de son movidas polo vento para espantar os malos espíritos.

Recordamos que todas as nosas actividades son de balde, só tes que reservar para participar aportando nome, teléfono, correo electrónico, procedencia, número de asistentes e idades (en caso de participar menores). Atendemos no correo electrónico info@museocaldoval.gal e no teléfono 687072116 (en horario de apertura).