Artigos Recentes

Publicado o 27/10/2023

Samaín en Caldoval

O Centro de Interpretación de Caldoval organiza este domingo día 29 de outubro unha actividade especial con motivo da celebración do Samaín:

O mundus, a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos está aberto e os espíritos levan días vagando polo museo. As persoas participantes terán que exercer de cazafantasmas e atopar todos os posibles e devolvelos ao inframundo antes de que se peche a entrada ata o próximo ano. Aqueles grupos que completen o reto serán recompensados cunha mini cabaza a modo de trofeo.

A actividade é completamente de balde e, durante o horario de apertura do centro, de 10:30h a 14:00h en horario de mañá, e de 16:30h a 20:00h en horario de tarde, os visitantes poderán acudir en familia e realizar libremente a súa busca de espíritos polo museo.