Publicado o 09/12/2023
Con esta actividade preténdese render homenaxe á coñecida como Saturnalia romana, unha celebración dedicada ao deus Saturno e caracterizada polo seu ambiente festivo, suntuosos banquetes e o intercambio de agasallos. Nesta ocasión, as persoas participantes crearán unha felicitación de Nadal adornada coa imaxe dun monumento romano cuberto de neve e unha mensaxe personalizada en latín no seu interior. A actividade levarase a cabo o sábado 16 de decembro, con posibilidade de asistencia baixo previa reserva en horario de mañá ás 11:30h, e de tarde ás 17:30h. Para formalizar as reservas e obter máis información pódense poñer en contacto co persoal do museo enviando un correo a info@museocaldoval.gal ou chamando ao número de teléfono 687 072 116 en horario de apertura do centro. SATURNALIA ROMANA EN CALDOVAL: FELICITACIÓN DE NADAL
Como cada ano e con motivo da chegada das festas do Nadal, o Centro de Interpretación de Caldoval oferta o seu novo obradoiro especial para este mes de decembro.