Artigos Recentes

Publicado o 13/08/2023

V Noite de Estrelas

Outro ano máis e dentro da programción especial de verán, o museo conta coa presenza do biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultural, Antón Bouzas, quen dirixirá a nosa mirada a través do ceo nocturno para conectar as nosas mentes coa cultura dos nosos antepasados.

O evento levarase a cabo a partir das 22.30h da noite do domingo 13 de agosto na zona exterior do propio museo. A realización desta actividade está suxeita ás condicións meteorolóxicas do día en cuestión, polo que é susceptible de modificacións ou cancelacións.

Actualmente o aforamente atópase xa completo.