Publicado o 28/07/2023
VI Xornadas de Xogos Romanos
O tempo continúa inestable, pero iso non vai facer que este verán quedemos sen os nosos famosos xogos romanos! Mañá e pasado celebraremos as VI Xornadas de Xogos Romanos en Familia un ano máis, polo que podedes acudir polo museo coas vosas familias e amigxs para desfrutar ao aire libre dos xogos tradicionais máis populares da Antiga Roma.
A palestra permanecerá aberta durante o horario de apertura do centro. En horario de mañá de 10:30h e 14:00h, e de tarde de 16:30h a 20:00h. Esperámos a vosa visita!
