Publicado o 28/11/2025
Bo día! O sábado 6 de decembro temos unha cita coa vila romana de Noville (Mugardos), xa que voltamos a este xacemento arqueolóxico para facer unhas visitas guiadas nas que coñeceremos a vila romana, con toda a información que nos deron as escavacións arqueolóxicas dos anos 80 e as que se leva a cabo en setembro, da man das traballadoras do museo de Caldoval. Nesta ocasión imos ter dúas quendas na mañá, ás 10:30 e ás 12:30, poden vir todos os públicos e é de balde, sendo que a visita durará 1 hora aproximadamente. O único que hai que facer é resevar planza, chamando ao noso número 687072116 ou contactando ao noso correo info@museocaldoval.gal Hai un par de cousas a ter en conta para esta actividade, ao punto de encontro, que é o Tanque de Tormentas do Lugar do Monte (Franza), non se pode chegar co coche, o mellor é deixalo arriba nas rotondas do Lugar o Monte. Ademais para chegar á vila de Noville hai que ir por un sendeiro, así que o mellor é vir con calzado cómodo e preparadxs. Polo resto que nos acompañe o tempo! Visita guiada á vila de Noville

