Publicado o 10/11/2024
Visita guiada especial no Día do Patrimonio
O vindeiro sábado, 16 de novembro, celébrase o Día do Patrimonio
Invitámosvos a unha visita guiada especial, na que falaremos das similitudes e diferencias entre as dúas “villae a mare” que coñecemos en Mugardos:
– Caldoval e Noville –
Será en dúas quendas: ás 12:30 h. e ás 18:30 h. Só tes que reservar a túa praza de forma telefónica: 687072116, no correo electrónico info@museocaldoval.gal ou a través das nosas RRSS Instagram e Facebook.