Artigos Recentes

Publicado o 28/12/2022

VISITA TEMÁTICA ESPECIAL: A SATURNALIA ROMANA

Nestas datas especiais, ademais de abrir as portas do centro tamén durante a semana, conmemoramos estas festividades coa oferta dunha vista guiada especial programada para o venres 30 de decembro. Coñecemos moi ben as nosas tradicións e costumes navideñas, pero ¿Cómo pasaban estas datas os nosos antepasados romanos? Dar resposta a esta pregunta será o tema principal da visita ademáis de visitar os baños do centro, coñecendo así os seus festexos, banquetes, decoracións e agasallos.

A visita levarase a cabo dentro do horario habitual de visitas guiadas, en horario de mañá, ás 10:30h e ás 12:30h, e en horario de tarde ás 16:30h e ás 18:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) para formalizar a súa reserva.