Artigos Recentes

Publicado o 06/05/2022

VISITA TEMÁTICA ESPECIAL: O TRABALLO NOS BAÑOS ROMANOS

O pasado 1 de maio festexábase, ademáis do Día da Nai no que o museo aproveitou para ofertar un obradoiro especial, o Día do Traballo. Por iso, e para non deixar de reivindicar os dereitos dxs traballadorxs a través do coñecemento da súa histórica loita, este sábado día 7 realizarase unha visita temática centrada no papel das persoas que, co seu traballo, facían funcionar correctamente os antiguos baños romanos.

A visita levarase a cabo dentro do horario habitual de visitas guiadas, en horario de mañá, ás 10:30h e ás 12:30h, e en horario de tarde ás 16:30h e ás 18:30h. Todas as persoas interesadas en participar no evento deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) para formalizar a súa reserva.