Artigos Recentes

Publicado o 27/08/2026

XINCANA ROMANA EN CALDOVAL

NOVA ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN

Este setembro, o Centro de Interpretación de Caldoval presentará unha nova escolma de actividades especiais e obradoiros para pechar a programación de verán.

Desta escolma, a primeira das actividades será a Xincana romana, que está destinada para todos os públicos dende os 7 anos e se xogará en grupos. A xincana consistirá nun xogo de pistas que levará as persoas participantes por todos os recantos do centro. Amais, o grupo campión recibirá un agasallo!

Esta actividade gratuíta terá lugar o sábado 5 ás 11:30h. As prazas son limitadas, polo que se require de inscrición previa, que se pode realizar a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal ou por vía telefónica 687 07 21 16 (atenderase en horario de apertura: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h).

Importante: o prazo de inscrición estará unicamente aberto até o venres 4 de setembro.

Vinde e vivide unha divertida experiencia connosco!

 

 

 

 

 

 

 

 

            Xincana Romana,

          actividade especial