Artigos Recentes

Publicado o 09/07/2026

XOGOS TRADICIONAIS ROMANOS

NOVA ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN

O Centro de Interpretación do Caldoval continúa coa programación de verán o sábado 18 de xullo, cunha nova actividade didáctica na que pasalo ben xogando en equipos. Actividade deportiva na palestra exterior: xogos tradicionais romanos é o nome desta clásico dos nosos verán en Caldoval, na que coñeceremos as prácticas deportivas da Antiga Roma e poñerémonos a proba con elas. Será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h. dunha duración aproximada dunha hora.

É unha actividade de balde pensada tanto para público xeral, e os nenos poderán disfrutar dela dende os 6 anos. Imprescindible calzado deportivo, crema solar e gorra. As inscricións son no correo do centro info@museocaldoval.gal  ou no teléfono 687 07 21 16 (onde atenderemos en horario de apertura: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h).

Esperámosvos!

Xogos tradicionais romanos na palestra exterior do museo