Publicado o 30/06/2021
Estas actividades terán aforamento limitado, polo que será necesario reservar no momento en que se abra o prazo de cada unha delas, o que se anunciará dende o propio centro a través desta páxina web ou das redes sociais Facebook e Instagram. Para obter máis información chamar ó tlf: 687 o7 21 16 ou escribir ó correo electrónico: info@museocaldoval.gal. XULLO EN CALDOVAL: OBRADOIROS E ACTIVIDADES ESPECIAIS
Co comezo do verán, o Centro de Interpretación de Caldoval presenta a súa programación de obradoiros e actividades especiais para este mes de xullo. Ademais das visitas guiadas e obradoiros habituais ofertados de xoves a domingo, desenvolverase unha serie de actividades. O 17 e 18 de xullo, preséntase “Romanos/as á palestra!”, un obradoiro familiar no que os seus participantes poderán recrear en pequeno tamaño a súa propia palestra. O 24 e 25 de xullo terá lugar “Na procura do tesouro romano”, un obradoiro de arqueoloxía, no que os máis pequenos terán a oportunidade de traballar como arqueólog@s por un día e aprender máis sobre este valioso oficio. Por último, os días 30 e 31 de xullo celebrarase a IV edición das xa tradicionais “Xornadas de xogos romanos en familia”.