Publicado o 22/06/2024
Algunhas destas actividades terán aforo limitado, polo que será necesario reservar no momento en que se abra o prazo de cada unha delas, o que se anunciará dende o propio centro a través das súa páxina web e redes sociais Facebook e Instagram (@museocaldoval). Para obter máis información pode poñerse en contacto co persoal do museo chamando ao número de teléfono 687 07 21 16 en horario de apertura do centro, ou a través do seu correo electrónico: info@museocaldoval.gal. XULLO EN CALDOVAL
Co comezo do verán, o Centro de Interpretación de Caldoval presenta a súa programación de obradoiros e actividades especiais para o mes de xullo. Ademais das visitas guiadas e obradoiros habituais, desenvolveranse unha serie de actividades para as que xa hai data oficial. Dará comezo o domingo 7 con Gimnasium, unha sesión de ximnasia e deporte tradicional romano para público adulto, continuará cun obradoiro familiar, Artistas do graffiti, para somerxernos no mundo do arte urbano romano, e pecharase a programación do mes, o sábado 27, cunha visita teatralizada na que poder desfrutar da recreación histórica dun día no balneum de Caldoval.
