Artigos Recentes

Publicado o 28/09/2018

NOVOS OBRADOIROS DIDÁCTICOS EN CALDOVAL

Co inicio do novo curso Caldoval renova os seus contidos didácticos introducindo 3 novos obradoiros que se engadirán aos 4 que xa se viñan facendo de maneira regular e gratuíta no centro.

Os talleres ofertados son “un día na palestra”, no que se ensinan e practican diversos xogos e deportes romanos de exterior, utilizando a recentemente inaugurada cancha de xogos de Caldoval. “Xoiería romana”, onde o obxectivo é coñecer as características desta artesanía en época romana e de paso elaborar unha pequena xoia e A Cociña de Apicio”, pensado para que @s máis cativ@s aprendan os principios da culinaria romana manipulando os ingredientes que aparecen nas receitas de hai 2000 anos.

A partir do mes de outubro reservaranse os venres para as visitas dos colexios e os sábados e domingos para a realización de obradoiros familiares.

As reservas poderanse facer no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116 (en horario de apertura). Pódese ampliar máis información na web do Centro de Interpretación de Caldoval (www.museocaldoval.gal) e descargar o dossier didáctico na seguinte ligazón: Dossier didáctico 2018-2019.